Carlos Sante / Actor

Carlos Sante

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carlos Sante
Carlos Sante
Actor
Nome completo: Carlos Sante Varela
A Coruña 1971   



En 2000 inicia a súa carreira profesional na Escola Dramática Galega. Actuou con compañías como Matarile e o C.D.G. compaxinándoo con taballos de locucións, dobraxes e con numerosas participacións no audiovisual. Desenvolveu espectáculos cómicos como “Concerto Bífido” (gañador Festiclown 2000) ou “Muñekitous-A Nasional Yeografic Riport” (2º premio Radiocity Valencia 2003). É presidente da A.C.Manicómicos e director do seu festival, socio fundador da Federación de Asociacións de Novo Circo de Galicia e co-director da escola de teatro San&saN na Coruña.

Premios e recoñecementos: Na súa formación artística cabe destacar o Posgrado en Interpretación pola Universidade de Santiago no 1998, e o seu diploma na Ècole Philippe Gaulier de Londres, onde residiu do ano 1998 ó 2000. Estudou tamén con mestres como Antonio Fava, Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Pierre Byland, Jango Edwards, Joseph Collard, Eric de Bont, Thomas Leabhart, Carlo Boso, entre outros.


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Carlos Sante

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Sante (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org