Margarita Fernández
Actriz
Nome completo: Margarita Fernández López
A Rúa de Valdeorras (Ourense) 1955
Web propia
Actriz, directora e escritora de textos teatrais. Comeza a interpretar a principios dos 80 en diferentes compañías independentes, para desde fins desta década ser unha asidua nas montaxes do CDG. Estes traballos combínaos coa participación en varias longas e na televisón en programas producidos pola TVG e tamén na serie de ficción de TVE “Compuesta y sin novio”, dirixida por Pedro Masó.
Formación específica: Titulada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e alumna da Escuela de Danza Clásica de Víctor Ullate. Ten realizado numerosos cursos de interpretación e voz en Madrid e Santiago baixo a docencia de, entre outros, Miguel Narros, J. Strasberg, I. Promptovna ou Albert Boadella. Así mesmo, realizou cursos de guións e dramaturxia para televisión.

FILMOGRAFÍA
- A cicatriz branca (2012)
- A maleta de Sofía (2011)
- Campás (2009)
- MM con M de Metáfora (2007)
- Liste, pronunciado Líster (2007)
- As leis de Celavella (2003)
- Divertimento (2000)
- Pratos combinados (1995)
- Os outros feirantes (1989)