Fernando Morán / Actor

Fernando Morán

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Fernando Morán
Fernando Morán
Actor
Nome completo: Fernando Morán Santamarina
A Coruña 1949   
Web propia



O actor que interpreta o papel de Laureano en “As leis de Celavella” conta cunha extensa experiencia teatral que comeza en 1968. Desde entón ten participado en montaxes de compañías como Espello Cóncavo ou Galileo, interpretando e dirixindo. Coprotagonizou as curtas “O partido” (2001) e “O xardín” (EIS 2002). Contribuiu ao reparto de teleseries e doutras curtas. Tamén é actor de dobraxe e de anuncios televisivos de diversas compañías galegas.

Formación específica: Curso de Interpretación diante da cámara, impartido por Assumpta Serna e Scott Cleverdon (Ourense, 2001). Curso A palabra escénica, impartido por Vicente Fuentes (Santiago, 2002). Curso Teoría e práctica do Esperpento, impartido por Angel Facio (Santiago, 2002). Curso As dificultades expresivas do actor, impartido por Martín Adjemián (Santiago, 2003).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 11 videos de Fernando Morán

Galería de imaxes | ver As 7 fotos de Fernando Morán

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org