Nacho Castaño
Actor
Nome completo: Ignacio Castaño Gómez
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) 1972
Media ducia de longametraxes, un par de curtas e sobre todo, teleseries galegas e españolas destacan no seu curriculum. Ten sido actor de dobraxe desde 1986 até a actualidade, póndolle voces a producións foráneas de imaxe real e tamén a debuxos animados. No eido televisivo debutou na mesma época co programa infantil Rapaces da TVG, e tamén no cinema con Divinas palabras de J.L.García Sánchez. Tería que agardar unha década para iniciarse no teatro profesional e foi precisamente a finais dos anos noventa cando comezaría a súa intensa carreira na pequena pantalla, que inclúe aparicións en series como Aquí no hay quien viva. Ademais de ter estado ás ordes de directores como Pilar Miró ou Pedro Carvajal, un especial vencello une o seu curriculum a Antón Reixa, tanto no eido cinematográfico como no televisivo.

FILMOGRAFÍA
- Os Atlánticos (2008)
- Por min e por todos os meus compañeiros (2008)
- Pinocho 3000 (2004)
- Metamorfose (2004)
- O Cid, a lenda (2003)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Bobo Furcia (2002)
- Ilegal (2002)
- Contagotas (2001)
- Galicia Exprés (2000)
- Hospital Central (2000)
- Mareas vivas (1998)
- Pratos combinados (1995)
- Luar (1992)
- Martes de Carnaval (1991)
Videos | Ver 4 videos de Nacho Castaño
-
Anuncio de Arriba e abaixo e Mareas vivas en G2 -
Títulos de crédito de Por min e por todos os meus compañeiros -
Cabeceira de Os Atlánticos -
Anuncio de Os Atlánticos