Vicente de Souza / Actor

Vicente de Souza

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Vicente de Souza
Vicente de Souza
Actor
Nome completo: Vicente Mohedano Mira
Vimianzo (A Coruña)    
Web propia



Intérprete con papel protagonista en Rías Baixas (como Damián), Avenida de América (Simón) e Terra de Miranda (Félix) e cunha extensa nómina de traballos episódicos. Participou en series como "Cuéntame como Pasó" (2006), telefilmes como "Chapapote... o no" (2005) e longametraxes como "Hotel Danubio" (2002). O inicio da súa experiencia no cinema remóntase aos primeiros noventa, e no ámbito da pequena pantalla participou tamén en sketches de programas da TVG como “Velaí”, “Tarde Taina”, “Bambán Club” ou “Coa miña xente”.

Premios e recoñecementos: No VI Festival de Cans (2009) recibiu ex aequo o premio ao mellor actor pola curta ¿Queres ser director de cine?. Xunto a el foi recoñecido Edgar Blanco pola curta Uruguay 2030. Premio do xurado á mellor interpretación masculina por Estereoscopía, ex aequo, desta volta con Celso Bugallo por A billa, no festival de Cans (2011).


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Vicente de Souza

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Vicente de Souza

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org