Fely Manzano / Actriz

Fely Manzano

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Fely Manzano
Fely Manzano
Actriz
Nome completo: Felisa Manzano Conde
Ourense 1942   



A popular “señora Carme” protagonista da teleserie “Pratos Combinados” é unha intérprete de longa experiencia que se inicia en 1963 no mundo do teatro. A súa incursión no audiovisual chegaría da man do director Xaime Fandiño en 1989 coa miniserie “Servicio de Urxencias”. A partir dese ano traballa en diversas producións cinematográficas, tanto curtas (“Donde no lo esperas” de Diego Mendez 2003) como longamentraxes (“A los que aman” de Isabel Coixet 1998), ou series de televisión (“La Mari” de Jesús Garay). Ademais, é actriz de telefilmes, dobraxe e publicidade.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz no II Festival de Cine e Video de San Telmo (Bos Aires, Arxentina 2004) por As Muxicas.


Formación específica: Estudos de declamacion no conservatorio superior de música da Coruña. Diversos cursos de interpretación con Martin Adjemian. Cursos de ortofonía e diccion con Jesús Aladrén. Titulada pola Asociación de Dobradores de Galicia.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Fely Manzano

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Fely Manzano

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org