Javier Veiga / Actor

Javier Veiga

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Javier Veiga
Javier Veiga
Actor
Nome completo: Javier Veiga
O Grove (Pontevedra) 1973   



O que foi presentador durante tres anos do televisivo “El Club de la Comedia” comezou no teatro, actuando e fundando a súa propia compañía, “Teatro Impar”. Traballou en numerosas teleseries españolas, como “Farmacia de Guardia”, “El Súper”; “Siete vidas”, “Condenadas a entenderse”, e “Moncloa ¿dígame?”. En teatro ten acadado éxitos con obras como “5Hombres.com”, que compaxina cos seus monólogos (“Tonto el que lo Lea”). A súa carreira no cine iniciouse con aparicións moi puntuais e a longametraxe “O ano da carracha” é o seu primeiro papel estelar.

Premios e recoñecementos: Por “O ano da carracha” recibiu o premio Mestre Mateo 04 á mellor interpretación masculina protagonista. Pola curta “Sálvame” recibiu os premios ao mellor actor do IV Festival de Cine de Alicante, Festival Siroco de Benetusser (Valencia), Festival de Cortometrajes de Soria. Polo mesmo traballo foi considerado o mellor director novel no Festival Visualia e otorgáronselle os premios ao mellor guión do Festival de Cortometrajes de Soria e da XX Semana de Cine Español de Mula.


Formación específica: Cursou estudios na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 5 videos de Javier Veiga

Arquivos de audio


  • Javier Veiga preséntanos a curtametraxe Sálvame

Galería de imaxes | ver As 7 fotos de Javier Veiga

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Javier Veiga (14)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org