Héctor Carré / Dirección

Héctor Carré

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Héctor Carré
Héctor Carré
Dirección
Nome completo: Hector Carré Menéndez
A Coruña 1960   



Curtiuse no mundo cinematográfico como axudante de dirección de coñecidos cineastas como Terry Gillian, Mario Camus, Steven Spielberg ou Pedro Olea. Guionista das súas propias longametraxes -eido no que comezara xa a mediados dos noventa-, tamén tén traballado para a TVG neste ámbito, tanto en películas feitas para a pequena pantalla como en teleseries. Igualmente coordinou a serie para Antena 3 “Nada es para siempre”. Realizou publicidade, curtametraxes multipremiadas como “La suerte cambia” e “Angelitos”, documentais e videoclips, caso de “Un ejemplar de primavera” de Rosendo Mercado.

Premios e recoñecementos: Premio ao mellor director no Festival Internacional Fantasporto (1998) e medalla de bronce na categoría de novos realizadores no Houston Worldfest por “Dame algo”. Foi candidato ao premio Goya no 1986 a mellor dirección novel por "Dame lume". O galardón ao mellor guión nos premios Mestre Mateo 07 (2008) foille concedido a Jorge Algora, Christian Busquier e Héctor Carré, por “O neno de barro”.


Formación específica: Desde 1981 a 1985 estudou Ciencias da Información e Cinematografía na Universidad Complutense e no T.A.I. de Madrid.

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Héctor Carré

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org