Julio Fernández / Produción

Julio Fernández

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Julio Fernández
Julio Fernández
Produción
Nome completo: Julio Fernández Rodríguez
Cereixo, A Fonsagrada, Lugo 1947   
Web propia



Iniciouse no mundo do audiovisual pola súa afección ao cine creando “Filmax”, unha empresa para adquirir dereitos de películas. Pero pronto se orientou cara á producción de filmes, primeiro participando e máis tarde asumindo o rol de productor. A finais dos 90 creou “Filmax Castelao Productions”, unha productora de cine de ficción e de animación coa que crea un novo xénero: Fantastic Factory. Impulsou a animación coa creación dunha factoría 3D en Santiago de Compostela (Bren Entertainment).

Premios e recoñecementos: Julio Fernández recibiu directa e indirectamente numerosos premios. A título personal destaca a medalla Castelao 2002 pola súa contribución ao sector do audiovisual español e o Premio Estrella de Oro, tamén no 2002. Indirectamente recibiu numerososos premios a través das súas empresas (Filmax, Castelao, Bren, Fantastic Factory) que recoñecen a excelencia e o éxito das compañías dedicadas ao cine de animación en Europa. Entre eles destaca o Cartoon Movie Tributes. En 2009 recibiu a medalla de ouro en recoñecemento á súa traxectoria profesional na XV edición dos Premios Cinematográficos José María Forqué, instituídos pola Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA). En 2010 recibiu a insignia de ouro da Deputación Provincial de Lugo en recoñecemento aos seus traballos.


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Julio Fernández

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org