Pablo Iglesias
Dirección
Nome completo: Pablo Iglesias Rendo
Santiago de Compostela 1977
A súa filmografía ten xirado especialmente arredor das curtametraxes e dos documentais, con especial actividade na segunda metade da década do 2000. Despois de experimentar co formato vídeo, a finais dos 90 estivo de bolseiro en Dinamarca, formándose nos eidos da produción e da realización. Máis tarde traballou para a Film Comission de Santiago de Compostela, así como para produtoras como Vaca Films ou Formato Producciones. A continuación fundou o seu propio proxecto, baixo o selo Ledesma Producciones.
Formación específica: Estudou no Colexio de Cine Europeo (Ebeltoft, Dinamarca).

FILMOGRAFÍA
- Clangor, a película (2010)
- Clangor, o documental (2010)
- A sinapse do Códice (2010)
- Pedro e o capitán (2008)
- X.N.V. Memorias dun Emigrante (2008)
- Redondeo (2005)
- Jalisco (2001)
- A verdade se non minto (2000)
- Un conto triste (1995)
Arquivos de audio
-
Pablo Iglesias presenta A sinapse do códice -
Pablo Iglesias fala de Clangor o documental -
Pablo Iglesias fala de Clangor o filme -
Pablo Iglesias fala de Pedro e o Capitán