Raúl Veiga / Dirección

Raúl Veiga

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Raúl Veiga
Raúl Veiga
Dirección
Nome completo: Raúl Veiga Rouriz
Santiago de Compostela (A Coruña) 1956   



Director de cine que se deu a coñecer a mediados dos 70 coa realización dun documental para o COAG. Tras esta primeira incursión no mundo audiovisual realizou crítica cinematográfica en diferentes xornais e revistas. En 1984 escribiu o guión de “Veneno Puro”, video galego emblemático dos 80. Nestes anos continuou co seu labor de guionista. Desde 1990 dirixe e produce longametraxes.

Premios e recoñecementos: Premio no WorldFest FlagStaff de Arizona na categoría de baixo orzamento en 1999; premio á mellor película estranxeira no Bare Bones Film Festival 2000 e premio ao Mellor Guión orixinal AGAPI 1999 por Arde Amor.


Formación específica: De formación autodidacta, ten asistido a multiples cursos e seminarios relacionados co mundo audiovisual tanto como alumno como de docente. Tamén ten participado en veladas de cineclube desde mediados dos 70, así como en festivais e mostras de cine galego.

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org