Chema Gagino
Dirección
Nome completo: José María Gagino Vidal
Corme (A Coruña) 1964
Director dalgunhas das máis exitosas teleseries galegas: “Terra de Miranda” (durante seis entregas) e “Mareas vivas” (sexta e sétima etapa), nas que traballou ademais como guionista e argumentista. Comezou no mundo das curtametraxes en 1993 e desde entón ten guionizado longametraxes, curtas, videos industriais, documentais e anuncios. A súa ampla experiencia no audiovisual abrangue tamén a interpretación e dirección de dobraxe desde 1985, prestando a voz a actores coñecidos como Woody Allen ou Jerry Lewis.

FILMOGRAFÍA
- Todos os santos (2013)
- Búnker (2010)
- O elixido (2009)
- Rafael (2008)
- Terra de Miranda (2001)
- Mareas vivas (1998)
- Arde amor (1998)
- Aínda máis difícil (1998)
- Décimo aniversario (1998)
- A vida aberta (1998)
- A familia Pita (1997)
- Isolina do Caurel (1997)
- Dous enfermos e unha enfermeira (1997)
- Afonía (1996)
- A hora do té (1996)
- Vídeo doméstico (1995)
- Distrito Picasso (1994)
- Testamento (1993)