Andrés Pazos / Actor

Andrés Pazos

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Andrés  Pazos
Andrés Pazos
Actor
Nome completo: Andrés Pazos Pérez
Santiago de Compostela 1945  2010 Santiago de Compostela



Intérprete con estreita relación co Uruguai, país ao que emigrou de neno. En 1969 ingresa na escola de teatro El Galpón de Montevideo. En 1977, logo do seu feche pola ditadura uruguaia, cofunda o Teatro de la Gaviota. Volve a El Galpón en 1985, recuperada a democracia. Participa nese lapso das dúas institucións nunha trintena de postas en escena como actor, director, e produtor. En 1992 regresa a Galicia e até 1999 traballa en teatro, principalmente no CDG. En 1999 volta a Uruguai. Protagonizou o filme "Whisky", premiado como mellor filme estranxeiro de fala hispana nos XIX premios Goya do cine español (2005).

Premios e recoñecementos: Diversos galardóns no mundo do teatro: premio Florencio (1987), mencións nos Premios Compostela de Teatro (1993), mencións nos Florencio (2000, 2002), premio compartido ao mellor protagónico otorgado pola FIPRECI (Uruguai 2004).Os premios Florencio son otorgados todos os anos anos pola SUAICT (Sección Uruguaya de la Asociación Internacional de Críticos Teatrales).


FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org