Sergio Franco / Dirección fotografía

Sergio Franco

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Sergio Franco
Sergio Franco
Dirección fotografía
Nome completo: Sergio Franco Rabuñal
Vigo (Pontevedra) 1972   



Profesional por conta propia, é o director de fotografía da teleserie "Libro de Familia". Ten traballado en quince curtametraxes, dezaséis spots de publicidade, cinco producións documentais e sete series televisivas. Dezasete dos seus traballos foron en formato cinematográfico. Ademais é profesor de fotografía cinematográfica na EGACI (Escola Galega de Cine), de Vigo.

Premios e recoñecementos: Premio Especial no II Certame Fotográfico Vigofoto (1992). Finalista no Concurso Nacional Passport Scotch (1992). Primeiro Premio no I Certame Fotográfico de Chantada (1993). Primeiro Premio no II Certame Fotográfico de Chantada. (1994). Primeiro Premio AGAPI á mellor dirección de fotografía por Coruña imposible (1996). Nominación á mellor fotografía nos premios AGAPI 1999 por A ti como se che di adeus e 2000 por El manzano impenetrable. Premio á mellor dirección de fotografía por Crebinsky nos Mestre Mateo entregados en 2011.


Formación específica: Estudou en Bemposta (1993) e na E.I.S. (1994). Curso de alta definición de 52 horas impartido por Rafa Roche (2005).

FILMOGRAFÍA

Documentos

A fotografía dos Crebinsky
Nota técnica do director de fotografía Sergio Franco.

Galería de imaxes | ver As 10 fotos de Sergio Franco

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org