Luís Liste
Dirección
Nome completo: Luís Fernando Liste Lázara
Silleda (Pontevedra) 1964
Comezou no campo audiovisual como auxiliar en labores de produción e realización en obras televisivas e cinematográficas. Ten traballado tamén no eido da publicidade e participou como guionista en curtas e documentais como “O sal da terra” (1997) e “Camiños de ferro” (2000). Dirixiu dúas curtametraxes durante a década dos noventa.
Premios e recoñecementos: Premio AGAPI 1999 á mellor curtametraxe por "Amor serrano".
Formación específica: Estudou realización e produción na EIS da Coruña e asistiu a seminarios e congresos sobre o audiovisual.

FILMOGRAFÍA
- O sal da terra (2000)
- Amor Serrano (1999)
- Camiños de ferro (1999)
- Camiños de ferro (making of) (1999)
- O matachín (1996)
- A vida é unha dor (1995)