Mónica García / Actriz

Mónica García

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Mónica García
Mónica García
Actriz
Nome completo: Mónica García Pérez
Luarca (Asturias) 1966   



Leva desde o ano 90 facendo teatro, con dúas ducias de obras representadas até a actualidade. Aínda que con certa experiencia en publicidade, son o cine e especialmente a televisión as áreas nas que máis se ten prodigado. Dez títulos de telefilmes e teleseries na segunda metade da década dos 2000 convértena nun rostro moi familiar da televisión autonómica. No eido das curtametraxes, comezou en 1993 con O párroco embaucado, á que seguirían Tornabón, Un conto tristre e outras pezas breves. No cinema, consta en media ducia de títulos de longametraxes. Presentacións cómicas (Pillados) e dramatizadas (Xacobeo 99) e mais sketches de humor (Máis ozono) completan o seu curriculum.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz no Festival de Curtametraxes de Sada por Instalación (2010). Premio á mellor actriz no Festival de Teatro Galego do Carballiño, por Os homes só contan até tres (2006). Premio á mellor actriz secundaria nos Premios María Casares por Os Espectros (2003). Candidata á mellor actriz secundaria nos Premios Mestre Mateo por Pratos Combinados (2003). Premio á mellor intérprete feminina no Premios AGAPI por Aínda máis difícil (1999). Candidata á mellor actriz secundaria nos Premios María Casares por As Troianas (1998). Premio á mellor actriz secundaria nos Premios María Casares por Bailando en verán (1997).


Formación específica: 2009: Interpretación con Andrés Lima, Verso con Ernesto Arias, Interpretación de Shakespeare con Will Keen, Interpretación no cine con Mariano Barroso. 2008: Clown con Philippe Gaulier, Máscara no Teatro Familie Flöz. 2007: Interpretación no cine Gracia Querejeta. 2006: Interpretación con Alberto Rivero, Iniciación á Dobraxe con Luis Iglesia e Marta Pinillos. 2005: Clown con Jango Edwards e Peter Ercolano. 2004: Interpretación con Helena Pimenta e Clown con John Wright, Mellora do rendemento físico e psicológico do actor con Equipo Oxygeno. 2003: Creatividade dramatúrxica, Teoría e Práctica con Marco Antonio de la Parra. 2000: Interpretación, ¿Quen pensas que es? con John Wrigt; Máscara neutra, Presencia escénica e vocal con María del Mar Navarro e Simón Hernández, Gag con Jordi Purtí i Ollé. 1999: Bufón con Eric de Bont 1997-98: Especialización en Arte Dramática: Teoría e Práctica da Interpretación, Curso de Posgrao USC. 1998: Interpretación Brechtiana con Ernesto Caballero. Outros 27 cursos entre 1988 e 1997.

FILMOGRAFÍA

Documentos

CV de Mónica García
O currículo audiovisual e teatral da actriz, co seu palmarés

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org