Marta Pazos / Actriz

Marta Pazos

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Marta Pazos
Marta Pazos
Actriz

    



Directora e intérprete de teatro desde finais dos 90, está especialmente vencellada ao grupo Voadora. No eido audiovisual a súa actividade actoral está moi ligada a teleseries autonómicas. Tamén saiu nunha ducia de curtametraxes. Igualmente ten experiencia como deseñadora escenográfica e como docente.

Formación específica: Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona en 1999. Cursos específicos de interpretación (Mariano Barroso, Carlos Neira e Isabel Úbeda, danza-teatro (Jérôme Bel, La Ribot, Andrés Corchero, Ión Munduate, Blanca Calvo, Mónica Valenciano, Olga Mesa, Ana Vallés), comedia (Emilio Gutiérrez Caba), Commedia del´Arte (Antonio Fava), identidade cómica (Leo Bassi), clown (Philippe Gaulier, Jango Edwars, Eric de Bont, Jhon Wright, Álex Navarro, Caroline Dream, Néstor Muzo), bufón (Eric de Bont), cabaret, acrobacia, Claqué e body percussion, voz, canto e teatro dixital.

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org