Chano Piñeiro / Dirección

Chano Piñeiro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Chano Piñeiro
Chano Piñeiro
Dirección
Nome completo: Luciano Manuel Piñeiro Martínez
Forcarei (Pontevedra) 1954  1995 Vigo



Figura clave do cine galego moderno, a súa breve filmografía ten un fondo compromiso co mundo rural. Director autodidacta, comezou rodando en formato Super 8 a finais dos 70. A súa primeira curta en 35 mm, "Mamasunción" é xa unha pequena obra mestra. Dirixiu "Sempre Xonxa", a primeira longametraxe galega de ficción en formato 35 mm. Estrouse simultaneamente en varias cidades galegas en xaneiro de 1990, un fito na época. Del sóese citar a frase “facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario”.

Premios e recoñecementos: A curtametraxe "Mamasunción" foi galardoada en 1985 co Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia. "Os paxaros morren no aire" mereceu o premio “Film de Oro” do Ministerio de Cultura e o de Mellor Guión no IV Certame de Cine Afeccionado de Vilagarcía. Chano foi premiado pola fundación San Martiño de A Estrada polo uso e defensa da lingua galega na súa obra. A título póstumo concedéuselle a Medalla de Galicia. O I.E.S. e mais unha rúa en Forcarei, onde se criou, e outra en Vigo, levan o seu nome. Tamén o levan desde o ano 2002 os Premios do Audiovisual Galego (antigos AGAPI).


FILMOGRAFÍA

Documentos

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org