Nani García
Música
Nome completo: Amador García Silva
A Coruña 1955
Web propia
Solista, productor musical, arreglista e compositor, conta cunha longa experiencia nos diversos formatos do medio audiovisual (anuncios, teleseries, videoexposicións). Ten composto bandas sonoras para longametraxes como “Blanca Madison” (Carlos Amil, 2000), curtametraxes como “Vete Davis” (Alber Ponte, 1993), programas de TVG como “Galeguidade” e mesmo se encargou da composición e interpretación simultánea de películas antigas como “Unha viaxe por Galicia” (Luís R. Alonso, 1929), filme restaurado polo CGAI).
Premios e recoñecementos: Co grupo Clunia gañou cinco galardóns entre os que destaca o premio Especial Jazz Stop á mellor composición e arranxos orixinais (XVIII Festival Internacional de Donostia, 1983). Xunto con Xabier Ferreiro recibiu o premio Mestre Mateo 04 polo son do documental Un bosque de música. Co mesmo colaborador recibiu o premio Mestre Mateo 06 (entregado en maio de 2007) ao mellor son, por De Profundis. En solitario foi premiado tamén nos MM06 como autor da mellor banda sonora, pola mesma produción. Premio á mellor música orixinal nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por O neno de barro. Levou o Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor música orixinal, por Engurras.
Formación específica: Formado musicalmente en Suecia (1976-1980) nas aulas de jazz do taller de música de Sollentuna, impartidas polo pianista Uffe Sandberg.

FILMOGRAFÍA
- O xigante (2012)
- Engurras (2011)
- Onde está a felicidade? (2010)
- Coser e cantar (2009)
- Desaparecida (2008)
- Guante branco (2008)
- O neno de barro (2007)
- De Profundis (2006)
- A vida por diante (2006)
- De bares (2006)
- Pensando en Soledad (2006)
- J.E.D.N. José Ernesto Díaz-Noriega (2006)
- ¿E por que? (2005)
- As leis de Celavella (2003)
- Un bosque de música (2003)
- Autopsia (2003)
- Avenida de América (2001)
- Blanca Madison (2000)
- A familia Pita (1997)
- Pratos combinados (1995)
- Atlántico express (1993)
- O resplandor da morte (1991)
- Ai amante (1988)
Videos | Ver 1 videos de Nani García
Arquivos de audio
-
Piti Sanz, Sergio Moure e Nani García falan de BSOs -
B.S.O. De profundis. Bailando en verán -
B.S.O. As leis de Celavella. Rúas e ruelas de noite. -
B.S.O. As leis de Celavella. A vila móvese. -
B.S.O. As leis de Celavella. Intrigas e persoas 4. -
B.S.O. As leis de Celavella. Adeus Celavella. -
B.S.O. As leis de Celavella. A vila e as súas xentes -
B.S.O. Blanca Madison. A serea e a escuma