Guionista
Nome completo: Cándido Pazó González
Vigo (Pontevedra) 1960
Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005).
Premios e recoñecementos: Diversos premios como autor teatral.
Formación específica: Acudiu a cursos e seminarios, destacando a asistencia ás clases de Philippe Gaulier en París.
FILMOGRAFÍA
- Flores tristes (2008)
- Heroína (2005)
- Mareas vivas (1998)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Cándido Pazó (104)
Data: 9 / 9 / 2024
O FIOT33 confíase aos clásicos para entender o presente
Data: 8 / 9 / 2023
O FIOT acollerá a estrea dunha coprodución en homenaxe a O Xestal
Data: 6 / 9 / 2023
Coimbra acollerá ata 12 actuacións na Iª Mostra de Teatro Galego
Data: 25 / 1 / 2023
Oito producións escénicas galegas optan aos Premios Max 2023
Data: 3 / 6 / 2022
O teatro volveu aos seus premios celebrando a María Casares