Mayte Cabezas / Presentadora

Mayte Cabezas

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Mayte Cabezas
Mayte Cabezas
Presentadora
Nome completo: Mayte Cabezas Amigo
Santiago de Compostela    
Web propia



Na TVG participou en magazines como “Arestora” ou “Portoverán”, no musical “Moderato Cantábile” e no informativo xuvenil “Prismas”. Presentou galas e retransmisións diversas e mais a revista diaria “Día a Día”. Cocreou programas para produtoras como Red Acción 7 e El Mundo TV. Presentou e guionizou “Tardes de 1”, e mais “Empléate a fondo” e “Solidarios en Galicia” (La 2 de TVE). Creou e dirixiu para esta última canle no ámbito autonómico “O Vagalume”. Ten sido subdirectora e guionista do concurso “Cifras y letras” para Canal Sur e Telemadrid e presentadora e redactora do informativo “A revista fin de semana”.

Premios e recoñecementos: Candidata a mellor comunicación televisiva de 2007 por “A revista fin de semana”, nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Tamén foi candidata nos anos 2005 e 2006.


Formación específica: Licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en comunicación audiovisual pola Universidade de Vigo. Realizou cursos de dobraxe, dición, interpretación e locución.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Mayte Cabezas (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org