Christian Escuredo / Actor

Christian Escuredo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Christian Escuredo
Christian Escuredo
Actor
Nome completo: Christian Escuredo Núñez
O Barco de Valdeorras (Ourense) 1984   
Web propia



Actor en diversos telefilmes galegos, o seu debut protagonista en longametraxe deuse en 2011 con A pesar de todo, quérote. Interpretou diversas producións teatrais, musicais e de danza. Traballou como cantante de dobraxe para Disney na película Phineas & Ferb: A través de la 2ª dimensión. Tamén ten algunha experiencia en curtas e en teleseries.

Formación específica: Licenciado en interpretación textual pola ESAD de Galicia. Formación en interpretación con Bob McAndrew, W. Stanievsky, Lorena García e Carmen Portacelli. Realizou cursos de danza moderna para actores con Arnold Taraborelli e Luis Santamaría, e danza contemporánea con Marta Carrasco, Armando Martén e Guillermo Weickert. Formado en canto co Still Voice Training System impartido por Helen Rowson, Paul Furrington e José Masegosa.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Christian Escuredo

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org