Jesús Vecino / Dirección de produción

Jesús Vecino

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Jesús Vecino
Jesús Vecino
Dirección de produción
Nome completo: Jesús Vecino Llamas
A Coruña 1962   



Comezou no eido da fotografía traballando por conta propia e deu o salto ao video a finais dos anos 80. Confundou a produtora Luz Directa S.L. onde como xerente e director de produción se implicou en diversos traballos televisivos, publicitarios e institucionais. De 1996 a 2003 estivo empregado en Voz Audiovisual S.A., sumando ao seu currículo o labor de produción executiva. A partir de 2004 incorporouse ao grupo Filmax Entertainment como director xerente da súa factoría de animación Bren Entertainment S.A. sita en Santiago de Compostela.

Formación específica: Unha ducia de cursiños entre 1996 e 2010, en áreas como negocio e mercados, proxectos tecnolóxicos, xestión, dirección, calidade, vendas, contabilidade, empresa e produción. Graduado en artes aplicadas pola Escola Pablo Picasso da Coruña (2005).

FILMOGRAFÍA

Documentos

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Jesús Vecino

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org