Omar Rabuñal / Dirección

Omar Rabuñal

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Omar Rabuñal
Omar Rabuñal
Dirección
Nome completo: Omar Rabuñal Varela
A Coruña 1978   



Comezou facendo prácticas na teleserie Pratos Combinados, fixo de script para curtas como Lentura e Galiza, e tamén gañou experiencia como axudante, tanto de realización de producións audiovisuais, como de dirección de representacións teatrais. Entre 2003 e 2007 desenvolveu actividade actoral para curtametraxes. Pero aparte de todo isto, xa viña desde 1999 dirixindo curtas como Ánimas, Onírica, Chamábanlle Feáns ou ¡Mira e verás!, de maneira que a finais da década dos 2000 o seu traballo enfocouse para a realización, co título co que daría o salto á televisión: A serie de comedia Para mariñeiros, nós, nacida en Internet.

Premios e recoñecementos: A peza ¡Mira e verás! venceu no “Mobilízate”, I concurso de curtas feitas con teléfono móbil (Oleiros, A Coruña). A curtametraxe O Intruso levou o segundo premio do certame Sestao Fantástico.


Formación específica: Técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Cursou estudos de interpretación en Casa Hamlet (2004-07).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Omar Rabuñal

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Omar Rabuñal

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org