Omar Rabuñal
Dirección
Nome completo: Omar Rabuñal Varela
A Coruña 1978
Comezou facendo prácticas na teleserie Pratos Combinados, fixo de script para curtas como Lentura e Galiza, e tamén gañou experiencia como axudante, tanto de realización de producións audiovisuais, como de dirección de representacións teatrais. Entre 2003 e 2007 desenvolveu actividade actoral para curtametraxes. Pero aparte de todo isto, xa viña desde 1999 dirixindo curtas como Ánimas, Onírica, Chamábanlle Feáns ou ¡Mira e verás!, de maneira que a finais da década dos 2000 o seu traballo enfocouse para a realización, co título co que daría o salto á televisión: A serie de comedia Para mariñeiros, nós, nacida en Internet.
Premios e recoñecementos: A peza ¡Mira e verás! venceu no “Mobilízate”, I concurso de curtas feitas con teléfono móbil (Oleiros, A Coruña). A curtametraxe O Intruso levou o segundo premio do certame Sestao Fantástico.
Formación específica: Técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Cursou estudos de interpretación en Casa Hamlet (2004-07).

FILMOGRAFÍA
- O club do bromista (2011)
- Para mariñeiros, nós (2010)
- Titania S.A. (2010)
- A contracorrente, vida e morte de Luís Trigo (2010)
- En campaña (2009)
- Náufrago (2009)
- O sobriño (2009)
- Na bágoa da marea (2009)
- Baixo coeficiente (2009)
- O Chosco (2009)
- Noxas (2009)
- Da man da Raíña Vermella (2008)
- Eu tamén quero coñac (2008)
- Facenda somos case todos (2008)
- O botellón (2008)
- A morte ten un prezo (200 euros) (2007)
- Matreros de medianoite (2006)
- Para mariñeiros, nós (orixinal) (2006)
Videos | Ver 3 videos de Omar Rabuñal
-
Anuncio de A contracorrente... -
Así se fixo a posprodución de A contracorrente... -
Da man da Raíña Vermella