Rosa Castro
Guionista
Nome completo: Rosa Castro
Foz (Lugo) 1964
Unha das máis prolíficas guionistas da ficción televisiva galega. Simultaneou na TVG os labores de presentadora, directora e redactora de programas informativos, divulgativos, de entretemento e culturais. "Cousas da Lingua", "Vivir Aquí", "Mira que vén", "Tango" ou diversos "Telexornais" foron algúns dos seus espazos. Actualmente é a presentadora e redactora do informativo "Galicia Noticias Serán". Comezara no eido da ficción como guionista en 1997 con "Mareas Vivas". Desde entón participou en prácticamente todas as series galegas, como dialoguista, argumentista, editora e directora argumental. É autora de diversos guións cinematográficos e teatrais. Tamén foi profesora Profesora de Guión e Edición Audivisual na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.
Premios e recoñecementos: Licenciada en Filoloxía Galega.

FILMOGRAFÍA
- Valderrei (2007)
- A vida por diante (2006)
- Máis ca irmáns (2005)
- Libro de familia (2004)
- As leis de Celavella (2003)
- Terra de Miranda (2001)
- Pequeno Hotel (2001)
- Un mundo de historias (2000)
- Rías Baixas (1999)
- Mareas vivas (1998)
- Cousas da lingua (1990)