Nacho Abia / Dirección

Nacho Abia

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Nacho Abia
Nacho Abia
Dirección
Nome completo: Juan Ignacio Abia Carrera
Vigo (Pontevedra) 1979   



O eido dos efectos especiais e animación 3D é a súa especialidade. Posúe unha empresa que leva o seu nome completo, dedicada á animación e á post-produción de imaxe e son. Ademais, é profesor da Escola Superior de Artes Cinematograficas de Galicia (EGACI). Comezou moi novo no eido audiovisual, realizando o documental “El graffiti” (2000) e desenvolvendo os efectos especiais de dúas curtametraxes. Realizou as animacións 3D e os modelados de curtas como “A miopía” (2003) e “Silencio” (2004). Para a productora Matriuska, entre outros traballos, animou a curtametraxe “Letras” (2006). Tamén está vencellado ao mundo da música, vía videoclips, e posproduce varios programas para a canle V tv.

Formación específica: É técnico superior en Realización de Medios Audiovisuais pola E.I.S.V de Vigo. Asemade posúe un master de infografía 3D co software lighwave 3D outorgado polo Training Center.

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org