José Antonio Jiménez / Actor

José Antonio Jiménez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 José Antonio Jiménez
José Antonio Jiménez
Actor
Nome completo: José Antonio Jiménez Garcia
A Coruña 1947   
Web propia



É intéprete pero conta con experiencia noutros ámbitos diversos da imaxe en movemento. Provén do teatro amador, no que se iniciara en 1968. Nos setenta representou diversas pezas dramáticas ao tempo que se estreaba con Volvoreta (1976) no audiovisual. Este último é un eido no que comezou dirixindo en formato Super 8, cóntanse entre os seus títulos Manuel Antonio e Celsa R.I. Traballou despois en Huídos (1992), Quart (2008) e La Princesa Prometida (2009). Foi axudante de dirección nas curtametraxes Pes para que vos quero e Distrito Picasso (1995) e dirixiu curtas como Ondada (1997) ou Algún día (2010). Tamén foi coguionista e actor do programa de humor Vale-Vale da TVE en Galicia.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de José Antonio Jiménez

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org