Juan Galiñanes
Dirección
Web propia
Director de dous dos principais proxectos de longametraxes de Dygra Films, a súa andaina no sector audiovisual comezara coa curtametraxe Coma nunca (2002), mentres estudaba na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. En 2003 incorporouse a Dygra e participou en todos os proxectos da desaparecida produtora de animación. Ademais de traballar como montador e técnico de posprodución, nesta etapa dirixiu a curta O bufón e a infanta, que lle valeu a candidatura aos Premios Goya entre outros recoñecementos. Traballa por conta propia como guionista, montador e técnico de posprodución.

FILMOGRAFÍA
- 3-1=0 (2013)
- Holy Night! (2010)
- O elixido (2009)
- Espírito do bosque (2008)
- O bufón e a infanta (2006)
- Incomunicados (2006)
- O soño dunha noite de San Xoán (2005)
- Coma nunca (2003)