Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 350
Ortiz
Dirección artística
Nome completo: José Exposito Ortiz
Caracas (Venezuela) 1967
A súa carreira está estreitamente vencellada á televisión autonómica. Comezou como axudante para Mareas vivas en 2000 e desde daquela traballou en decorados de curtametraxes, de longas como Os luns ó sol, de concursos como Terceira rede e de telefilmes como A Rosa de Alexandría ou A mariñeira. Foi director na empresa de escenografía Acción S.C. realizando labores de deseño e construción. Tamén fixo atrezzo para programas televisivos (Somos unha potenzia) e películas para a pequena pantalla (Vacas, porcos e zapatos de tacón). Foi director de arte na serie da Televisión Canaria La Revoltosa, dirixida por Toño López. Foi o responsable da escenografía para a videoinstalación Lección de cousas de Antón Reixa no CGAC. Fixo parte dos departamentos de produción de Personal Movie e Lendas vivas.

FILMOGRAFÍA
- Lendas vivas (2011)
- A incrible historia de Macareno e a puta milagreira (2011)
- Búnker (2010)
- Matalobos (2009)
- O 9º principio (2009)
- Memoria do ferro (2008)
- Os Atlánticos (2008)
- Desaparecida (2008)
- Son de estrelas (2007)
- O menor dos males (2007)
- Mundo verbena (2006)
- A miña sogra e mais eu (2004)
- As leis de Celavella (2003)
- Terra de Miranda (2001)
- Dous (2001)