Xosé Touriñán / Actor

Xosé Touriñán

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xosé Touriñán
Xosé Touriñán
Actor
Nome completo: José Antonio Touriñán
Culleredo (A Coruña) 1980   



A súa vis cómica converteuno en poucos anos nunha das caras máis coñecidas da canle autonómica, onde ten interpretado personaxes para programas de variedades e teleseries. Levou o seu humor a formatos como programas nocturnos, sketches, comedias de situación e espazos divulgativos. Ademais presentou a gala dos Premios Mestre Mateo en 2010 e 2011. Tamén ten experiencia pùntual en radio, teatro e cinema. Na televisión comezara en 2005 dentro do Supermartes, xa interpretando o papel que o popularizou, o de Mucha do dúo As cantareiras de Ardebullo formado con Marcos Pereiro. Estes personaxes pasaron despois a Luar, e desde 1999 protagonizan monólogos ao vivo, pregóns e actuacións ao aire libre e en locais.

Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo 09 na categoría de Comunicador de Televisión polo programa Botarse ao monte.


Formación específica: Formación teatral desde o ano 1997 en diversas escolas, agrupacións e profesionais de toda Galicia. Interpretación: Alberto Canedo, Susana Longueira, Pablo Rodríguez, Theodor Smeu, Manuel Lourenzo. Voz: Santiago Fernández. Interpretación diante da cámara: Germán Tejada. Teatro Físico, Máscara, Comedia da arte: Pablo Sánchez. Clown: Carlos Sante, Churry Silva, Carlo Colombaioni.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 4 videos de Xosé Touriñán

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Xosé Touriñán

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org