Jorge Mira / Presentador

Jorge Mira

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Jorge Mira
Jorge Mira
Presentador

Baio (A Coruña) 1968   
Web propia



Catedrático de Electromagnetismo (departamento de Física Aplicada) da Universidade de Santiago de Compostela. Ten participado en numerosos programas de televisión e radio, tanto na presentación como no guión, na condición de divulgador científico. Comezou a súa andaina no programa de TVE-Galicia ¡Que serán? (1999). Ao ano seguinte comezou unha colaboración semanal sobre ciencia na Radio Galega no magazine Nunca tal oíra, que se mantivo durante oito anos baixo diferentes programas. Na súa actividade audiovisual destaca sobre todo o programa concurso Cifras e letras (2006-2013) e o seu relevo Verbas van.

Premios e recoñecementos: Premio «Física en Acción», da Real Sociedad Española de Física (2000), polo programa "¡Que serán?" de TVE-Galicia.

Mención de Honor do «Premio Ciutat de les arts i les ciencies de Valencia» (2001), pola súa sección semanal de ciencia do programa "As tardes da galega" da Radio Galega.

Premio Nacional «Ciencia en Acción», do Ministerio de Educación y Ciencia e o EIROForum (2005), polo programa "Arrampla con todo" da TVG.

Medalla de Honor "Ciencia en Acción" pola súa "ampla traxectoria na divulgación científica" (2010).

Premio "José María Savirón" de divulgación científica (ex-aequo co programa de TVE-2 "Tres14"), "polo seu destacado labor divulgativo a través de radio, prensa e televisión".

Premio da Real Sociedad Española de Física - modalidade de ensinanza e divulgación da física (2012), "polo seu labor pedagóxico de gran calidade e a súa destacable actividade no eido da divulgación científica”.


Formación específica: Licenciado, Doutor e Doutor Europeo en Física (USC)

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Jorge Mira (23)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org