Sheyla Fariña / Actriz

Sheyla Fariña

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Sheyla Fariña
Sheyla Fariña
Actriz
Nome completo: Sheyla Fariña García
Tordoia (A Coruña) 1986   



Actriz nova que debutou cun papel na serie Valderrei da TVG, con máis de oitenta episodios. Estivo no reparto de filmes como La piel que habito. Tamén ten feito figuración en numerosas ocasións, en longametraxes como Catalina, O menor dos males ou A muller invisible, así como no documental Historias de Galicia. En canto a curtas, tamén traballou en dobraxe (Polo amor de Deus, Javier Cea 2007) e como protagonista (Lúa e Leo, Fac.CC da Comunicación Pontevedra 2007). Traballou como monitora de baile moderno e como profesora de teatro infantil.

Premios e recoñecementos: Nomeada actriz destacada no certame de teatro intercentros da Coruña en varias ocasións (2001, 2003, 2004).

Premio á mellor actriz xuvenil no mesmo certame (2005, 2006).


Formación específica: Cursa até 2013 o Grao en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Seminario de ‘Teatro Social’ na ESAD de Galicia (2011). Curso de Teatro Kathakali coa Compañía Teatro Tascabile di Bergamo na ESAD de Galicia (2010). Curso de Danza Afro-cubana en Artestudio (A Coruña), impartido por Entremáns (2010). Curso de dobraxe con Manuel Lijó (2008). Curso de Ferramentas docentes de Interpretación Actoral pola Diputación da Coruña (Colexio Calvo Sotelo, A Coruña 2006).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Sheyla Fariña

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Sheyla Fariña

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org