Mamen Quintas
Xefe de produción
Nome completo: Mamen Quintas Cruceira
Comezou a súa actividade en 1988 na primeira serie de ficción galega, Os outros feirantes e colaborou en programas de entretemento da TVG. Despois de producir dous capítulos de Compañeros encoméndaselle a dirección de produción da serie diaria Nada es para siempre, facendo 180 capítulos. Durante catro anos foi responsable de produción para Pórtico de Comunicaciones, preproducindo a longa A promesa. De 1999 a 2005 encargouse de producir a gala dos premios do audiovisual galego, primeiro desde a AGAPI e despois desde a Academia Galega do Audiovisual, da que foi xerente durante catro anos. En 2006 deixou outros cargos para dedicarse exclusivamente a Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos, produtoras das que é socia e xerente respectivamente, e que realizan ficción, documentais, publicidade e videos corporativos.

FILMOGRAFÍA
- Sinbad (2011)
- Escoba! (2011)
- Checkout (2010)
- Mar libre (2009)
- X nada (2008)
- A Mariñeira (2007)
- Historia da arte (2007)
- Coralia e Maruxa. As irmás Fandiño (2007)
- Van de sobra. Toda unha personaxe (2007)
- O Bosque de Levas (2006)
- Bechos raros (2006)
- Os outros feirantes (1989)