Celia Freijeiro / Actriz

Celia Freijeiro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Celia Freijeiro
Celia Freijeiro
Actriz
Nome completo: Celia Freijeiro García
Vigo (Pontevedra) 1983   



A protagonista da serie "Amistades peligrosas" (Cuatro) é actriz de teatro desde 2002 e ten representado en Vigo, Barcelona e, maiormente, en Madrid. En cine tamén tivo papel principal en "Días azuis" de Milou Films, dirixida por Miguel Santesmases en 2005. Completan o seu curriculum outras intervencións actorais en pantalla grande e para televisión: Coprotagonizou o telefilme "El Jugador" (dir.Azucena Rodríguez, Ganga Producciones 2007) e mais a serie "2 de mayo", estreada en 2008 (Telemadrid). Foi tamén unha das coprotagonistas na serie "Pelotas" (2008) de TVE, como Nieves.

Premios e recoñecementos: Nominación aos Premios Mayte de teatro 2006, Categoría mellor actriz. Nominada ao I Premio Valle-Inclán de Teatro (2007).


Formación específica: Taller de entrenamento actoral con Marta Álvarez (2005). Curso de produción, xestión e distribución de espectáculos escénicos (SGAE e Fundación Autor, dir. Robert Muro 2005). Curso de interpretación con Adan Black (2004-05). Curso de interpretación na Aula da Comunidade de Madrid, La Teatral de Arniches (2002-03). Curso de interpretación na Escuela de Enseñanzas Artísticas Orfeo (2001-02). Curso de teatro no Instituto Municipal de Ensinanzas Artísticas de Vigo (2000). Curso de interpretación na escola Atrezzo (1998-99).

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 5 fotos de Celia Freijeiro

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Celia Freijeiro (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org