Manuel Sabín / Actor

Manuel Sabín

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manuel Sabín
Manuel Sabín
Actor
Nome completo: Manuel Sabín
    



Pedagogo, actor e técnico de escena. Dúas ducias de obras de teatro representadas entre 1994 e 2003 constituiron os seus inicios interpretativos. Fundador da compañía de teatro Fusquenlla e da Escola de Teatro do Liceo de Noia, ten experiencia na dirección dramática e na radiodifusión. Tamén ten feito diversos traballos para televisión: publicidade, teleseries de ficción e telefilmes como `Rincones de la memoria´ (TV3).

Formación específica: Licenciado en Arte Dramática pola ESAD de Murcia en 1999. Post-Graduado en Teatro Clásico pola RESAD de Madrid en 2000. Pedagogo en Arte Dramática polo ICE da Complutense de Madrid en 2000. Cursos: Dobraxe con Luis Iglesia, Voz con Marta Pinillos, Dirección Escénica na RESAD, Actuación ante a Cámara con Gloria Padura, Guión Cinematográfico con Juan A. Ríos, Escritura Teatral con Yolanda Pallín, Commedia dell’arte con Federico Doglio e Interpretación con M. Narros.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Manuel Sabín

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org