Eloy Lozano
Dirección
Nome completo: Eloy Lozano Coello
Ourense 1953 2009 Santiago de Compostela
Desenvolveu labores como artista plástico, fotógrafo, videoartista, deseñador e publicista. Autor da primeira curtametraxe en 35 mm en língua galega (Retorno a Tagen Ata, 1974), dirixiu a súa única longametraxe en 2001 (As belas dormentes). Logo da súa opera prima fixo varios traballos de corte documental, preparou unha versión de A esmorga de Eduardo Blanco Amor que non chegou a concretarse e, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, recuperou o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Xa desde os inicios a súa carreira estivo vencellada ao mundo da publicidade. Empresario do sector audiovisual a través da súa firma Off Films, S.L., realizou anuncios e videos promocionais para importantes firmas do sector téxtil, vinícola e institucional en Galicia. Tamén participou na organización do I Festival de Cine Independente de Ourense, en 1996.
Formación específica: Completou os seus estudos de Ciencias do Cine, Televisión e Fotografía na Universidade Complutense de Madrid.

FILMOGRAFÍA
- Quen son? (2008)
- Negra sombra (2007)
- Idea e territorio. César Portela, arquitecto (2002)
- Belas dormentes (2001)
- Entrevista (1993)
- Numeralia (1988)
- Catro escultores (1986)
- O castiñeiro (1979)
- Os oleiros (1975)
- Retorno a Tagen Ata (1974)
Documentos
Manifesto. Declaración sobor dos cines nacionales
Manifesto asinado nas "IV Xornadas de Cine en Ourense"