Marco Meere
Produción
Nome completo: Marco Frank Meere
Castricum (Holanda) 1959
Desde 1989 ten producido numerosos traballos para televisións do Estado. En 1998 converteuse no produtor executivo de Costa Oeste Produccións, que un ano despois pasou a ser Continental Televisión. Xunto a isto, sobresae a súa función docente (profesor na Universidade Complutense de Madrid, 1997) e ponente en diferentes masters audiovisuais na Coruña (1999-2004) e Madrid (2002-2004). Organiza cursos e xornadas de especialización audiovisual sobre diferentes aspectos da produción, entre outros, no festival de Ourense, na Universidade Internacional Menéndez Pelayo e na cidade italiana de Padua.
Formación específica: En 1990 realizou un master en produción audiovisual a través do programa MEDIA da Unión Europea no EAVE (European Audio-Visual Entrepreneurs).

FILMOGRAFÍA
- A casa de 1906 (2006)
- Máis ca irmáns (2005)
- Aguiño, sobrevivir ó Prestige (2003)
- Entre bateas (2001)
- 092 (2001)
- Fútbol modesto (2001)
- Chunda Chunda (2000)
- Vieiros (2000)
- Ao alcance da súa man (2000)
- Rías Baixas (1999)
- Condenado a vivir (1999)