José Manuel Barreira / Produción Executiva

José Manuel Barreira

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 José Manuel Barreira
José Manuel Barreira
Produción Executiva
Nome completo: José Manuel Barreira Díaz
A Fonsagrada (Lugo) 1960   



Director Xeral de Televisión e Animación en Filmax Entertainment. Comezou a súa carreira audivisual en 1985 na Televisión de Galicia en labores de produción (1985-86), nesta canle ocupou a xefatura de Produción Propia (1986-94) e Produción Externa (1994-96). Tamén dirixiu a División Audiovisual da Corporacion Voz de Galicia (2000-2003). Foi membro do Consello de Administración e Director Xeral adxunto de Produção De Actividades Desportivas, S.A. (Lisboa, 1998-2000). É colaborador dos mestrados de produción da UDC e da ECAM, dos cursos de verán da Universidades de Oviedo, do Porto, de Vigo e da EIS da Coruña.

Formación específica: Mestrado de produción audiovisual EAVE do programa Media da Union Europea (1993-94). Curso de formación no Center For Foreing Journalist, Reston (Virginia); incluíndo un mes de prácticas na sedes centrais de CNN en Atlanta e Univision en Miami, así como nos seus centros de produción de Washington DC (1992). “Aplicación de la informática a la produción de cine y TV”, Instituto de Empresa (Madrid 1992).

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org