Fran Arcay / Xefe de son

Fran Arcay

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Fran Arcay
Fran Arcay
Xefe de son
Nome completo: Francisco Javier Arcay Rodríguez
A Coruña 1972   



Desde mediados dos noventa é un dos profesionais máis activos no seu eido, traballando para empresas da Coruña, Santiago e Marín. Durante dez anos estivo en Voz Audiovisual, como xefe de gravacións ao vivo e de posprodución sonora para cine, televisión -incluíndo informativos- e edicións DVD divulgativas. Entre gravación e posprodución de son xa leva feitos máis de mil episodios de teleseries de ficción.

Premios e recoñecementos: Catro candidaturas aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual por Terra de Miranda, As leis de Celavella, Libro de familia e A vida por diante.


Formación específica: Universitat de Valencia, Valencia, Diploma de especialización profesional universitario en Técnico en Sistemas de Audio y Sonorización (200 Horas; 3ª Edición, Curso 1999 - 2000). Universitat de Valencia, Valencia, Diploma de especialización profesional universitario de Técnico en Medición de Contaminación Acústica (98 Horas; 1ª Edición, Curso 2002). Escola de Imaxen e Son, A Coruña, Técnico Superior en Audiovisuales, especialización en son, 1994. I.E.S. Cruceiro de Baleares, A Coruña, Técnico en electrónica de telecomunicación, 1992.

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org