María Castro
Actriz
Nome completo: María Castro Jato
Vigo (Pontevedra) 1981
Web propia
Modelo, presentadora e actriz, a súa carreira está especialmente vencellada á pequena pantalla, participando en programas da TVG como “Pillados” (2005) e “Comediantes” (2002), en teleseries como “Cafetería Manhattan” (A3, 2007), “Ellas y... el sexo débil” (T5, 2006) e “SMS” (La Sexta, 2006-07). Tamén ten experiencia musical, teatral, en curtametraxes como “Los Piñeiro bajo cero” (EIS Vigo, 2005) e en dobraxe.
Formación específica: Cursos: Interpretación á cámara (M. Rodríguez, 2006), cabaret (Á.Burgos, L.Santamaría, 2006), danza (D.Borucki, 2006), técnica vocal (C.Domínguez, 2006), interpretación (C.Rota 2005, T.Smeu 2005), dobraxe (J.Carballido, 2005), clown (M.Bañobre 2005), esgrima (AADTEG, 2005). Dous anos de danza moderna, academia Allegro de Vigo. Cinco anos de ballet clásico en diversas nas escolas Copellia e Hannelore de Vigo. Curso intensivo de danza contemporánea, na escola Hannelore de Vigo. Formación específica vencellada á educación física, o deporte e o salvamento.

FILMOGRAFÍA
- Salgadura (2013)
- Adiviña quen vén comer mañá (2012)
- Os mortos van ás présas (2009)
- Pérez 2, o ratiño dos teus soños (2008)
- Días azuis (2006)
- Pequeno Gran Show (2006)
- Rosa dos ventos (2006)
- SMS: Sen medo a soñar (2006)
- Heroína (2005)
- Retrato (2005)
- O show dos Tonechos (2005)
- Avenida de América (2001)
- Rías Baixas (1999)
- Pratos combinados (1995)