Arturo Kress
Música
Nome completo: Arturo B. Kress Varela
A Coruña 1964
Web propia
Compositor musical e técnico de son vencellado ao audiovisual galego, é o autor da banda sonora das longametraxes da produtora Dygra. Despois de ser axudante de son en 1993 na rodaxe da longametraxe “Tirano Banderas”, traballou como técnico de son en teleseries como “Nada es para siempre” e documentais como “Pucho Boedo”. Iniciara a súa carreira musical como batería nos grupos Los Doré e Ritmanmuchos e en 1986 comezou a compor partituras para a produtora coruñesa Luz Directa. Ten musicado anuncios televisivos, documentais, videos e curtametraxes.
Premios e recoñecementos: “Paranoia digital”, premio AGAPI á mellor banda sonora orixinal en 1997. “Sabes que te quero”, premio AGAPI á mellor banda sonora orixinal en 1998. “O Bosque Animado”, galardonada nos premios do audiovisual galego “Chano Piñeiro” 2001 na categoría de mellor banda sonora, e mais nos premios Goya, pola mellor canción orixinal. Esta película tamén foi candidata por parte da Academia da Música ao premio ao mellor álbum de banda sonora nos premios da música, 2002. “O soño duhna noite de San Xoán” premiada pola Academia Galega do Audiovisual nos premios “Mestre Mateo” 2005 como mellor banda sonora orixinal.
Formación específica: Cursou estudios musicais no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

FILMOGRAFÍA
- Os mortos van ás présas (2009)
- Señora de (2009)
- O elixido (2009)
- Espírito do bosque (2008)
- O bufón e a infanta (2006)
- O soño dunha noite de San Xoán (2005)
- Rescate no xeo (2005)
- Novas do espazo (2005)
- Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo (2003)
- O noticieiro do espazo (2003)
- Taxia (2002)
- Jako e o ladrón de mascotas (2002)
- O bosque animado (2001)
- Contagotas (2001)
- Galicia visual (2000)
- Sandra (2000)
- Vida nas mareas (2000)
- Mauritania: entre dous océanos (1999)
- Se o sei non veño (ó meu propio enterro) (1999)
- Os vídeos do Camiño (1999)
- Sabes que te quero (1998)
- Aínda máis difícil (1998)
- Territorio Asháninka (1998)
- Memoria con figuras (1998)
- Centro médico (1997)
- Paranoia dixital (1996)
- Afonía (1996)
- Sitcom show (1996)
- Lembranzas dun amante neurótico (1996)
Arquivos de audio
-
Os mortos van ás présas: Fariño do mar -
O soño dunha noite de San Xoán: Mostaza -
O soño dunha noite de San Xoán: Descubrindo Oniria -
O bosque animado: Muiñeira das ánimas -
O bosque animado: Furacroios e Linda