Ovidio Fernández / Dirección

Ovidio Fernández

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Ovidio Fernández
Ovidio Fernández
Dirección
Nome completo: Ovidio Fernández Sánchez
Navia de Suarna (Lugo) 1962   



Comezou en Barcelona no ano 1978 realizando curtas experimentais en formato Súper8 (“Via Estrecha”). En 1984 presenta a ponencia “Os medios de comunicación social na montaña de Lugo” nas IIª Xornadas Agrarias. Traballou nas produtoras audiovisuais CTV e Espello Vídeo Cine (A Coruña) antes de entrar en Televisión Española SA en 1989, onde continúa até hoxe. Ao longo da súa carreira profesional ten feito gran cantidade de reportaxes e documentais emitidos nas diversas canles de TVE (La primera, La 2, Canal Internacional, Grandes Documentales Hispasat, Canales Temáticos, 24 horas, EuroNews) colaborando en distintas áreas e destacando como director de fotografía.

Formación específica: Formación audiovisual no Centro de Enseñanza de la Imagen paralelamente á realización de cursos de perfeccionamiento en iluminación e son (Madrid 1985). Curso de post-grao sobre a dirección de documentais (USC 1997).

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Ovidio Fernández

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org