Blanca Cendán / Actriz

Blanca Cendán

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Blanca Cendán
Blanca Cendán
Actriz
Nome completo: Blanca María Brage Cendán
Ares (A Coruña) 1963   
Web propia



Fundadora da compostelá Sala Nasa, esta actriz conta cunha longa experiencia teatral, tendo traballado en montaxes das compañías Chévere, CDG, Artello, entre outras. Comeza no audiovisual a finais dos oitenta e participa en televisión en diversos títulos, especialmente en teleseries e en programas de humor. Tamén ten interpretado papeis en curtas e longametraxes. En 2010 é elexida directora do Centro Dramático Galego.

Premios e recoñecementos: Talente Momente Berlin 1996. A produción “Río Bravo”, na que participou, recibiu os premios á mellor produción (O Correo Galego, 1991) e ao mellor espectáculo (Festival de Teatro de Mijas, 1990).


Formación específica: Cursos de interpretación impartidos por Martin Adjemián, Augusto Fernández, Eric de Bont, Guillermo Heras, Helena Pimenta, entre outros. Cursos de danza impartidos por Cesc Gelabert, Magie Abdulaye, Leonor Agudelo. Curso de dicción dirixido por Irina Promptova.

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Blanca Cendán

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org