Llorenç Soler / Dirección

Llorenç Soler

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Llorenç Soler
Llorenç Soler
Dirección
Nome completo: Llorenç Soler
Valencia 1936   



Director, poeta e narrador. Traballa no audiovisual desde 1966, cando roda o seu primeiro documental en Cataluña chegando até os nosos días con colaboracións en diferentes canles de televisión, tanto autonómicas como estatais e no cine. En Galicia traballa entre os anos 1976 e 1978, filmando documentais, mistura de reivindicación e denuncia social, así como a longametraxe relativa ao I Seminario de Arquitectura en Compostela celebrado en Santiago en 1976. Un dos seus últimos traballos foi “Max Aub. Un escritor en su laberinto” protagonizado por Juan Echanove e emitido en TVE en 2004.

Premios e recoñecementos: Ten recibido premios diversos en certames de cine documental en Europa desde os anos 60. Recibiu en 2006 a Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual pola súa carreira.


FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Llorenç Soler (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org