Mara Sánchez
Actriz
Nome completo: María Jesús Sánchez Couto
Boqueixón (A Coruña) 1967
Iniciouse no mundo do audiovisual coa curtametraxe “Mañá morrerás”, e protagonizou a longametraxe “A noiva de medianoite”, a cal lle valeu unha candidatura a un premio AGAPI. O seu traballo céntrase principalmente nas coñecidas teleseries da canle autonómica. Nelas desenvolve a maior parte da súa actividade, tendo participado na práctica totalidade das principais cabeceiras galegas de ficción tanto dramática como cómica. No cine, tamén estivo ás ordes do director Juan Pinzás no filme “Érase outra vez”.
Premios e recoñecementos: Mereceu a candidatura a tres galardóns como mellor actriz protagonista: Aos premios María Casares en 1997 por "Vapores" e en 2003 por "Mulleres", e aos AGAPI en 1997 por "La novia de medianoche".
Formación específica: Interpretación no GITIS de Moscú. Diversos cursos e seminarios de interpretación en España.

FILMOGRAFÍA
- Chapa e pintura (2013)
- Os fillos de Eva (2004)
- Libro de familia (2004)
- Fíos (2001)
- Avenida de América (2001)
- Tanto ten (2000)
- Galicia Exprés (2000)
- Era outra vez (1999)
- Décimo aniversario (1998)
- Mareas vivas (1998)
- A noiva de medianoite (1997)
- Pratos combinados (1995)
- Mañá morrerás (1994)