Rubén Coca
Dirección
Nome completo: Rubén Coca
Ferrol (A Coruña) 1977
Web propia
Director e produtor de curtametraxes cinematográficas e videoclips, realizador e guionista de traballos en cine, TV e publicidade. O seu traballo no mundo audiovisual céntrase na dirección e na edición, aínda que tamén elaborou os guións das curtametraxes “La Vida Mata” (1999), “El fruto del tedio” (2000), “Aquí no hay playa” (2001) e “Notamotof” (2004), todos emitidos polas canles de televisión Canal + e TVE Internacional. No mundo da pequena pantalla desenvolveu tarefas de realizador para o valencián Canal 9. En 1999 creou a produtora Rubén Coca P.C. Ten colaborado na realización de spots publicitarios, videoclips e imaxe corporativa.
Premios e recoñecementos: Primeiro premio nos festivais de curtametraxes de Galicia Xociviga’01, CMU de Madrid e VII Certame Nacional de Curtametraxes de Leganés, todos en 2001 por “El fruto del tedio”. Por este traballo tamén recibíu o premio ao mellor guión no I certame de guións de curtametraxes Francisco de Vitoria.
Formación específica: Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Técnico en Comunicación Multimedia (Universidade Francisco de Vitoria).

FILMOGRAFÍA
- A nena que tiña unha soa orella (2009)
- Mínimo común múltiplo (2008)
- Perdido (2006)
- Notamotof (2004)
- Aquí non hai praia (2001)
- O froito do tedio (2000)
- A vida mata (1999)