Manolo Romón / Actor

Manolo Romón

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manolo Romón
Manolo Romón
Actor
Nome completo: Manuel María Romón Alonso
Vigo (Pontevedra) 1956   



Poeta, columnista, letrista musical e colaborador como escritor en iniciativas de artes plásticas, é un artista multidisciplinar que no audiovisual destaca como intérprete e presentador. Comezou a primeiros dos oitenta con producións experimentais en Super-8 (Cementerios marinos) e despois iría pasando a outros formatos, guionizando producións de video (Bremen onde) e programas de TV, participando en curtas (Flores nocturnas) e en magazines diversos da canle autonómica (Latrica, latrica). Na TVG comezara presentando os concursos diarios Pasiño a pasiño (1993) e Vas dado (96-96). Desde 1996 até a actualidade ten colaborado estreitamente co programa Xabarín Club e os seus actos ao vivo. Tamén presentou documentais, como a serie de 13 capítulos Galicia a rentes do ceo (PROA, 2001-02).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Manolo Romón

Galería de imaxes | ver As 12 fotos de Manolo Romón

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org