Fernando Acebal / Actor

Fernando Acebal

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Fernando Acebal
Fernando Acebal
Actor
Nome completo: Fernando Carvajal Acebal
Madrid 1968   



Principiou como actor de dobraxe no 1990, sector co segue vencellado en programas como “Documentos TV” de Televisión Española (TVE). Actor radiofónico en varias emisoras nacionais, desenvolveu o serial radiofónico “Os Ventura” na Radio Galega, máis de seiscentos capítulos como guionista e intérprete único do mesmo. Na televisión ten traballado en diversos papeis como actor e presentador como “Historias de hoy” en Telecinco ou “El traspiés” en Antena 3. Interpretou sete personaxes na longametraxe animada “A crise carnívora”.

Premios e recoñecementos: Nominación como mellor actor nos Premios do Instituto Oficial de Radiotelevisión Española 2000 pola mediametraxe “Encuentros” de Ana Morales.


Formación específica: Escola de interpretación Tauro’s Films (Madrid 1990-1993). Curso de Posgrao. Especialista en Arte Dramática, Teoría e Práctica da Interpretación. Universidade de Santiago de Compostela 1998.

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Fernando Acebal

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org