Tamar Novas
Actor
Nome completo: Tamar Novas
Web propia
Actor compostelán que saltou á fama no cine desde moi novo para despois contar con papeis na pequena pantalla. Cinematograficamente traballou ás ordes de coñecidos directores como Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou Milos Forman. En TV interpretou papel fixo na serie Acusados, de Telecinco, e saiu en títulos das canles Cuatro e La Sexta. Tamén ten experiencia teatral.
Premios e recoñecementos: Premio ao mellor actor revelación nos premios Goya do cine español (2005) por Mar adentro.
Formación específica: Estudio Internacional de Actor Juan Carlos Corazza (2007-2008). Escola Espacio Aberto.

FILMOGRAFÍA
- A cicatriz branca (2012)
- Unha muller invisible (2007)
- ¡Maldito bastardo! (2007)
- A vida por diante (2006)
- Atopeite (2006)
- Retrato (2005)
- Mar adentro (2004)
- As viúvas do mar (2004)
- A lingua das bolboretas (1999)
- Sete vidas (1999)